A Casa mariñeira da Pobra acollerá unha exposición colectiva de 36 obras de pintura, escultura e tapiz, en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC) con sede en Santiago de
Compostela.
A inauguración da mostra será o próximo día 5 de setembro as 20h e rematará o día 19 do mesmo mes.
O título desta mostra, ven da asociación que tradicionalmente se fai do nome de Caramiñal cunha planta arbustiva espiñosa chamada “Caramiña” ou “Caramiñeira”, nome vulgar da “Corema Album”, no pasado moi común nesa zona da costa.
Artistas que participarán:
Mª Carmen Calviño, Carita Dubrovin, Marina Fernández, Marisa Fraga, Aurora G.Pombo, Sara Garrote “Chuca”, Laiño, Fran Lareo, Teresa López Ameijeiras, Pepa Mariño, Julio Mirás, Manuel Nieto, Vicente Ruiz, Carmen Sevillano, Mª del Carmen Torres Maroño e Javier Torrón.
AGAEC é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como finalidade difundir e promover a arte e a cultura, especialmente a galega, en todas as súas manifestacións. Está formada por corenta e cinco artistas plásticos e poetas que traballan cunha intención principalmente didáctica e participativa, tratando de abrir novos canles de intercambio con outras comunidades e países.