jueves, 25 de septiembre de 2008
miércoles, 17 de septiembre de 2008
Visita guiada á Exposición de Joseph Beuys
jueves, 11 de septiembre de 2008
Presentación do disco "Nai" de Xoán Curiel Xoves 18 de setembro, Teatro Principal de Santiago

Xoán Curiel, cantautor que participa con AGAEC no programa Sinestesia en Sevilla, presenta o seu primeiro disco "Nai", con composicións propias en galego. Este é un traballo dedicado á figura da muller e con influencia de ritmos e sons de todo o mundo (galegos, árabes, subsaharianos, afrobrasileiros e pop).
Dita presentación levarase a cabo o xoves 18 de setembro no Teatro Principal de Santiago, ás 21 horas. O custo da entrada é de 5 euros.
Dende AGAEC ofrecémonos a reservar as entradas a aqueles que estedes interesados en ir, tendo como plazo o 15 de setembro para facer dita reserva no correo agaec2004@yahoo.es
Podedes escoitar algunhas cancións do disco nos seguintes enlaces:
http://www.xoancuriel.com/
www.myspace.com/xoancuriel
Dita presentación levarase a cabo o xoves 18 de setembro no Teatro Principal de Santiago, ás 21 horas. O custo da entrada é de 5 euros.
Dende AGAEC ofrecémonos a reservar as entradas a aqueles que estedes interesados en ir, tendo como plazo o 15 de setembro para facer dita reserva no correo agaec2004@yahoo.es
Podedes escoitar algunhas cancións do disco nos seguintes enlaces:
http://www.xoancuriel.com/
www.myspace.com/xoancuriel
martes, 9 de septiembre de 2008
Inauguración "Caramiñeira" na Pobra do Caramiñal
Como sabedes o pasado sábado día 5 de setembro inaugurouse a mostra colectiva de membros de AGAEC chamada "Caramiñeira" na casa mariñeira da Pobra do Caramiñal. Nela estivo presente a concelleira de cultura Encarna González Montemuíño así como moitos dos artistas participantes. A exposición permanecerá aberta ata o 19 do mesmo mes.
Recollida das obras: venres 19 en horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20:30 horas.
"Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas" Museo do Pobo Galego 23 de setembro
O próximo 23 de setembro, no Museo do Pobo Galego, en horario de 17 a 21h, levaranse a cabo unha serie de conferencias e mesa redonda baixo o título "Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas". Os ponentes convidados por AGAEC son: Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Antón Sobral e José Manuel López Vázquez. Convidámosvos a todos a asistir.viernes, 5 de septiembre de 2008
"Sinestesia" Lar Galego de Sevilla (27 setembro-19 outubro)
O próximo 27 de setembro, ás 20h00, inaugurarase no Lar Galego de Sevilla a mostra colectiva Sinestesia. Tras a inauguración o cantautor galego Xoan Curiel dará un concerto e, o domingo 28, dous poetas socios desta entidades, Pepa Nieto e Rafael Villar, serán os encargados de amenizar a tarde cun recital de poesía. A mostra colectiva poderase visitar ata o 19 de outubro.
lunes, 1 de septiembre de 2008
Visita guiada á Exposición de Joseph Beuys na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela o dia 16 de setembro
Os interesados en participar na visita en grupo guiada programada para o día 16 de setembro as 18 horas podedes apuntarvos para ata a mañá do mesmo día no correo electrónico agaec2004@yahoo.es
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)