lunes, 12 de abril de 2010

"ARS IN ITINERE"









Temos o placer de informalos da inauguración da exposición colectiva de artistas de AGAEC que terá lugar no Circulo Cultural Gallego de París, Rue 11 Bis Charles Floquet, o próximo día 14 de maio as 19h00.


Este acto encádrase dentro da actividade “TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓNque leva a cabo a Asociación Galega de Arte e Cultura dende hai dous anos ao redor do mundo, alí onde hai pegadas de cultura galega, con obxecto de celebrala e divulgala.

AGAEC participa así nos actos de celebración do Día das Letras Galegas que terán lugar no Círculo Cultural Gallego de París do 14 ao 16 de maio cunha serie de actuacións e conferencias entre as que destacan a do Ballet Studio Danza de Santiago; dúas conferencias, unha sobre o Día das Letras Galegas e outra sobre a Historia da emigración galega en Europa; a presentación dun libro de Ramón Chao; a actuación dun grupo de teatro galego da Fundación W. Fernández Flórez que este ano celebra o seu 125 aniversario. Contaremos tamén coa intervención de Francisco Queiruga, secretario xeral da Cámara de Comercio franco española, Xosé Díaz Fuentes, escultor y presidente del centro UNESCO de Sarria e Carlos Rodríguez de Radio Francia Internacional, todos eles membros de CICUGAPA.