jueves, 8 de octubre de 2009

II CERTAME DE CONTO ILUSTRADO. Concello de Ames

II certame de contos concello de ames



Cartel da presentación e entrega de contos do 2º certame:




Este próximo día 9 de Outubro celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Milladoiro, en horario de 18:30 a 20:30 a esperada presentación e entrega de contos publicados por AGAEC para este certame escolar.


Este proxecto que realiza AGAEC en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai pola súa segunda edición, na que gozamos dunha numerosa representación de nenos e nenas, rebosantes de inquietudes e de nobres pensamentos e anhelos, nunha emocionante expresión que detallamos a continuación, os pequenos seres presentan uns inspirados contos con suxerentes títulos :

Adrián Castro e Iván Ramos crearon en conxunto "O cabalo que se deitaba nas rosas", Alba Pazos e Jessica Nieto "O gato que foi salvado por un golfiño", Alba Viaño e Andrea Carro "A bolboreta e a mosa encontráronse", Álvaro e Adrián Q. "Fútbol con balón", Antía Vila Ríos "A princesa feliz", Beatriz Carracedo e Iván Martínez "O touro e o can amigos serán", Belén Vero "O meu cabalo chamase flor", Jeison, David e Jorge “O gato feliz", Jill Tomlinson "El búho que tenía miedo de la oscuridad", José Antonio e David "O can luchador", Martín Currais e Iván Lameiro "No circo regalan botas", Mijal Snunit "El pájaro del alma", Nerea Turnes Torres "A princesita Erica", Noelia, Irene e Maite “A primeira cita do gato e do can no parque a solitario", Raquel Baliñas e Josua Berdullas "Tres irmáns guepardos ¿cal será o máis guapo?”

Estas interesantes narracións veranse enriquecidas coa interpretación que fará, o profesor e director de Teatro Daniel Baamonde, colaborador habitual de medios de comunicación, prensa escrita e radiodifusión (Punto Radio – Radio Líder, Santiago), de ampla formación en teatro, cursos para nenos, persoas con deficiencias ou con algunha dificultade social ou física, Autismo, Alzheimer etc; Daniel Baamonde soe participar no Certame de Teatro Intercentros de Santiago, o que gañou en varias ocasións, recibiu todo tipo de formación dramática en talleres da USC, na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD)..., tamén recibiu formación en luminotecnia e produción teatral. Ten, por outra parte ampla experiencia co trato dos máis pequenos polos seus traballos coma monitor de ocio e tempo libre.

Os pequenos participantes serán obsequiados con agasallos de AGAEC e haberá tamén un convite degustación de pastas e refrescos.


domingo, 14 de junio de 2009

Exposición de Salvador Figueira Laiño

Salvador Figueira Laiño, socio de AGAEC ten o pracer de convidarvos a súa próxima exposición que terá lugar no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro o próximo luns día 15 ás 20:30 e cuio horario de visita será de luns a venres de 9 a 14 horas.

miércoles, 27 de mayo de 2009

II Encontro Galaico-Marroquí





PROGRAMA INTERCULTURAL

“Regards de sable e d’eau dialogues nor - sud”

“Olladas de area e auga diálogos norte - sur”

“Miradas de arena y agua diálogos norte - sur”

LUGAR: CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE NEGREIRA

(rúa: Carreira de San Mauro, nº 11, 15830 Negreira, A Coruña)

EXPOSICIÓN DOS ARTISTAS:

Jeannine Attobi – Laabour - Said Labdoa - Alí Alí - Sara Garrote “Chuca” - Javier Reiriz - Isabel G. Andrés - Esther Molinero - Marina Fernández “Cocós” - Mª Carmen Calviño - Mª Carmen Torres Maroño - Carmen Sevillano - Rosa Fernández Salanova - Estrela Rúa - Pepa Mariño - Jesús Pereira “Suly” - Paco Ramos - Salvador F. Laíño - Sagrario Rilo - Pilar Feás - Beatriz Nuñez - Flor Fernández.

Sábado, 30, ás 12 h00. Inauguración coa presenza do alcalde e concelleiros do concello de Negreira, e do escritor, profesor e director de programas da televisión ribeirense, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.
Presentación dos representantes da comunidade magrebí:

Mourad Lajuoad, representante da comunidade islámica en Xinzo de Limia Ahmed Fathallah, presidente da Asociación Cultural Magrebí Amistad El Aman. Xinzo de Limia

Charla: Sobre interculturalidade e arte e cultura marroquina Roberto Vázquez Rozas, Profesor de Historia da Arte - Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo

Recital de poético musical sobre textos de poetas marroquinos Abdellatif Laâbi (Marruecos, 1942) / Hassan El Ouazzani (Marrocos, 1970) Mohammed Bennis (Marrocos, 1948) / AÏCHA BASSRY (Marrocos, 1960) A cargo de Francesca Randazzo Música: Ramón Rey

Coa colaboración do poeta Abedelghani Dria de Casablanca

Representación de “Mulieris” polo Balet Studio de Santiago, dirixido por Mª Dolores Mayán A patrtir das 17h talleres de pintura, pastel, barro, collage, literario, papiroflexia, globoflexia…etc Monitores de AGAEC, bolseiros e voluntarios da USC

Ás 19:30 h degustación de té e doces marroquís

Ás 20h00 Mesa redonda sobre integración social,con representantes municipais e ongs. Moderadora: Azucena Antelo, responsable de servizos sociais do concello de Negreira Patxi Hurtado, ONG Ecos do Sur . A Coruña Noura El Amrani, mediadora intercultural e presidenta da Asociación Mestura, Arteixo José Losada Enríquez, responsable da oficina de emigración. Concello de Xinzo de Limia, Ourense Mourad Lafuad, representante da comunidade islámica en Xinzo de Limia Ahmed Fathallah Fathallah, presidente da Asociación cultural magrebí Amistad El Aman. Mohamed Nouri, presidente da asociación magrebí El Wafa Salah El Kasmi e Errahali El Kasmi, da Asociación magrebí Akram Said Fathallah, da Asociación magrebí de Negreira

miércoles, 6 de mayo de 2009

ALL - ART exposición colectiva de AGAEC no Centro Comarcal de Ordes

O próximo luns, 11 de maio, inaugúrase a exposición colectiva de membros de AGAEC, ALL - ART.
Artistas participantes:
Feás, Pilar; Fernández, Marina (cocós; Figueira Laíño, Salvador; Garrote, Sara (chuca; González Andrés, Isabel; Mariño, Pepa; Molinero, Esther; Reiriz, Javier; Rilo Mato, Sagrario; Rúa, Estrela; Sevillano, Carmen; Torres Maroño, Mª Carmen


Esta exposición será no Centro Comarcal de Ordes, e permanecerá aberta ata o día 31 de maio do 2009.

Máis información
Centro Comarcal de Ordes
Enderezo: Estrada Nacional-550 Km. 37 (As Casillas)
Código Postal: 15680
Poboación: Ordes
Provincia: A Coruña
Teléfono: 981 688 386

lunes, 20 de abril de 2009

Fotografías da inauguración da exposición "Fervenzas" na Casa de Galicia en Madrid (7 - 23 de febreiro do 2009)







Nas fotografías:Alfonso S. Palomares, director da Casa de Galicia en Madrid; Ramón Jiménez, coordinador de actividades culturais da Casa de Galicia en Madrid; Sabela Castro Añón, Teresa López Ameijeiras, Julio Mirás Amor e Pepa Nieto, socios de AGAEC.

miércoles, 1 de abril de 2009

Inauguración de "Interpretarte"

O próximo sábado día 4 de abril inaugúrase no Centro de Interpetación do Castro de Baroña, no concello de Porto do Son (Noia, A Coruña, a exposición colectiva de AGAEC "Interpretarte"



Nesta exposición participan 10 artistas pertencentes á Asociación Galega de Arte e Cultura - Pilar Feás, Marina Fernández "Cocos", Salvador Figueira Laíño, Isabel G. Andrés, Sara Garrote "Chuca", Fran Lareo, Pepa Mariño, Esther Molinero, Estrela Rúa e Mª Carmen Torres - con obra pictórica, fotográfica e escultórica.

martes, 10 de marzo de 2009

Inauguración "Reencontro"


A Asociación Galega de Arte e Cultura inaugura o próximo día 13 de marzo a exposición colectiva de pintura, escultura e fotografía, "Reencontro".

Esta exposición ocupará todo o espazo expositivo do Ateneo Ferrolán, fundado no ano 1879 e que, actualmente, como entidade sen fin de lucro, ocupa un dos primeiros lugares como dinamizador da cultura galega en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a través das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións...

AGAEC convídavos a tod@s a asistir a esta inauguración, na que se servirá un cóctel, ou a visitar a exposición, que estará aberta ó público ata a día 2 de abril.

miércoles, 18 de febrero de 2009

Exposición Puri Galiñanes Ordes



Estais todos invitados a asistir a la exposición "Natureza e Cor" de la socia Puri Galiñanes que realizará en el Centro de Desenvolvemento Comarcal de Órdenes del 20 de Febrero al 20 de Marzo de 2009.

Adjunto cartel en el que dispondreis de más información.

martes, 17 de febrero de 2009

Asemblea Xeral Ordinaria

Por orde do Presidente, convócase a tódolos socios á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o día 6 de marzo de 2009, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda.
A orde do día é a seguinte:

- Exame e aprobación das contas e balance do exercicio 2008
- Aprobación do plan de actividades do 2009
- Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos da entidade para o 2009
- Rogos e preguntas

O lugar da celebración da Asemblea, confirmarase en breve.

Secretaría de AGAEC