Infórmovos que o vindeiro sábado, 31 de marzo, terá lugar en Porto do Son, a partir das 12.00 horas, o II Encontro Luso-Galaico "Aromar".
A sesión de pintura rápida dos artistas plásticos participantes no encontro Luso- Galaico de Porto do Son, realizaráse o sábado día 31 de marzo despois do xantar, dende a Asociación vaise levar o material preciso para a pintura rápida (lenzos tamaños 46 x 56 e 50 x 61 cms. e pintura acrílica) aquelas persoas que desexen levar outro tamaño de lenzos ou técnica pictorica, teranos que aportar elas.
Varios compoñentes da Asociación trasladaránse o día anterior venrés para ocuparse da recepción das obras de Portugal e comezar a montaxe da exposición, as restantes obras teñen que estar o sábado ás 10 da maña, e non mais tarte, na Casa da Cultura de Porto do Son, de non ser así corren o risco de atopar para a súa colocación un lugar menos axeitado, pois temos o tempo medido e non poderemos mover o resto das obras para a súa perfecta ubicación.
O encontro inauguraráse ás 11:30 horas na Casa da Cultura.
Comezará cunha intervención dos escritores:
Carlos Mosteiro Fraga
Vicepresidente da Asociación Cultural Barbantia.
A súa intervención versará sobre literatura Infantil e xuvenil Galega.
António Miranda Chaves, que versará sobre 2 poetas populares portugueses: José Afonso y António Aleixo.
Nuno Castelo que a súa intervención versará da rexión de Chaves na poesía.
Rematará o acto coa actuación do músico de Portugal Jorge Aires que tocará José Afonso e música popular e por parte Galega a Banda de Música Tradicional SUEVIA, que interpretará duas pezas de música tradicional Galega.
Rematado o acto partiremos en autobus ao lugar do xantar, e rematado o mesmo faremos a pintura rápida que se levará a cabo pola costa e lugares emblemáticos do Concello, os detalles faremolos saber polo miudo ese mesmo día.
Para máis información : concelleriacultura@portodoson.net
agaecarteycultura@gmail.com
miércoles, 28 de marzo de 2007
martes, 27 de marzo de 2007
Exposicion colectiva en Porto do Son
Innauguración el día 10 de Marzo de 2007 a las 13 horas
Artistas participantes: Jesús Pereira, Pepa Mariño, Teresa Añón,
Artistas participantes: Jesús Pereira, Pepa Mariño, Teresa Añón,
Suscribirse a:
Entradas (Atom)