jueves, 10 de abril de 2008

Roteiro de Creación

Estimado creador,

Estamos a organizar a segunda edición do Roteiro de Creacion, unhas xornadas de portas abertas dos espazos de traballo dos creadores en Santiago, que terá lugar os fins de semana do 6, 7, 8 e 14, 15 de xuño de 2008, durante os cales os artistas poden mostrar directamente a súa obra no seu lugar de creación (taller ou casa).

Durante eses dous fins de semana os espazos dos creadores estarán abertos á visitas do público en horario de 12h. a 14h. e de 16h a 20h, preferiblemente atendido polo creador.

Ademáis, quenes asi o desexen poderán recibir en horario nocturno, de 20 a 23 hs. o venres 6 de xuño.



O percorrido –autoguiado- poderá establecerse grazas a un mapa que localización dos estudos dos artistas, co seu nome e técnica de traballo, galerías e centros socioculturales, e toda a programacion, dispoñible no punto de información do Roteiro, e máis oficinas de turismo, galerías, centros socioculturales e demais espazos expositivos, ademas do reparto que se fara polas calles durante os dias do Roteiro. Contamos este ano con dúas rutas guidas en varios idiomas, que facilitarán o diálogo e o encontro do artista co publico.



Unha extensa programación inclúe: a creación dun mural colectivo chamado Debúxame Santiago, varias exposiciones colectivas, a produccion de proxectos especificos, cursos monográficos de comic, creatividade, mail art, arte e ecoloxía e a Operación Frechazo.





A páxina web do Roteiro, www.roteirocreacion.com, está aberta para navegar sobre o mapa de Santiago e ofrecer unha ventá pola cual achegarse e ver o traballo dos distintos participantes, e conta con enlances activos dirixidos as vosas paxinas web, e outras de interese. Poderán descargarse os documentos adxuntos en versión Pdf.

Este tipo de proxectos estánse a facer no resto de Europa desde hai anos, e máis recentemente no resto da península. É unha oportunidade de promoción fóra dos circuítos convencionais, e e unha forma nova e distendida de encontro e diálogo co público.

Esperamos que este proxecto sexa do seu interese e non dubide en contactarnos coas súas preguntas.
Agradecémoslle a mais ampla difusión.

No hay comentarios: