jueves, 29 de enero de 2009

Exposición colectiva da Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC)

Dez artistas plásticos, socios de AGAEC, exporán as súas obras na Casa de Galicia en Madrid: Sabela Castro Añón (fotografía e pintura), Carita Duvronin Sandstrom (tapiz), Rosa Fernández Salanova (pintura e gravado), Puri G. Galiñanes (pintura), Aurora G. Pombo (pintura), Mª Teresa López Ameijeiras (pintura), Yuya Martínez (pintura), Julio Mirás (pintura), Manuel Nieto (pintura) e Pepa Nieto (escultura)
A exposición ocupará dúas salas, a B e a L, onde cada artista amosará catro obras.



Os cadros, as fotografías, tapices e esculturas que conforman esta exposición configuran un mundo de vivenzas, añoranzas, conceptos e desexos de futuro, individuais e subxectivos, configurando, en conxunto, unha pequena parcela da emoción e da razón artística da Galiza.
Fervenzas non é unha exposición uniforme, nin enlazada por un tema común. Os artistas asociados a AGAEC non están unidos nin por un ideario nin por unha especialidade nin por un estilo, tan só os une o amor á Arte.

O martes, 3 de febreiro, ás 20:00 horas, inaugúrase esta exposición na Casa de Galicia en Madrid, que acolle, por terceiro ano ós integrantes de AGAEC (Asociación Galega de Arte e Cultura), unha asociación sen ánimo de lucro que centra a súa actividade na promoción da cultura e da Arte.
A exposición permanecerá aberta ata o 27 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h, a diario, e festivos de 10:00 a 14:00 horas.

No hay comentarios: