
cartel
“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN”
ITINERANTE
DIRIXIDO AOS CENTROS GALEGOS NO EXTERIOR
VALENCIA
Realizaranse proxeccións, exporase documentación cedida por Turgalicia e mostra bibliográfica de obras doadas pola fundación W. Fernández Flórez, e da propia AGAEC. A continuación terá lugar un recital poético musical teatralizado de autores galegos, a cargo do Conxunto Baldeiro, dirixido por Daniel Baamonde, coñecido director teatral compostelán.
A continuación o Ballet Studio desta cidade, BStudioDanza, dirixido por Dolores Mayán, representará o espectáculo “Mulier”. Finalizando cun cóctel de productos galegos denominación de orixe: Arzúa-Ulloa, Tetilla Galega. Todo elo acompañado polos inmellorables viños das adegas Rosalía de Castro, Rías Baixas.
Este proxecto conta co apoio inestimable da Secretaría Xeral de Emigración.
AGAEC pretende dar continuidade e estabilidade no tempo aos seus programas , para estreitar lazos e tecer coñecementos e alianzas coas comunidades galegas no exterior, buscando a través delas contactos con artistas locais que poidan integrarse no grupo e intercambiar experiencias.
Tanto os artistas plásticos como os grupos das outras disciplinas son galegos e amosan un grande interese en mostrar as súas creacións fora da nosa comunidade. Por outra banda o conxunto deste programa realizarase íntegramente na nosa lingua aos efectos de favorecer a súa difusión no exterior.