jueves, 19 de noviembre de 2009

“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN” VALLADOLID




invitación



cartel

TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN”
ITINERANTE
DIRIXIDO AOS CENTROS GALEGOS NO EXTERIOR

VALLADOLID


Esta fin de semana, o próximo sábado, día 7, a partir das 12h30, convidada pola directiva da Casa de Galicia en Valladolid, AGAEC presentará, dentro da semana de Galicia na cidade, unha exposición colectiva de artistas plásticos pertencentes á entidade: Aurora González, Carmen Sevillano, Esther Molinero, Estrela Rúa, Manuel Nieto, Marina Fernández “Cocós”, Paco Ramos, Pepa Mariño, Pilar Feás e Jesús Pereira “Suly”, que ofrecerán unha visión galaica na súa obra máis recente.

Realizaránse proxeccións e documentación cedidas por Turgalicia e mostra bibliográfica de obras doadas pola fundación W. Fernández Flórez, e da propia AGAEC. A continuación terá lugar un recital poético musical teatralizado de autores galegos, a cargo do Conxunto Baldeiro, dirixido por Daniel Baamonde, coñecido director teatral compostelán. Finalizando un cóctel con productos Galegos denominación de orixe: Arzúa-Ulloa, Tetilla Galega, Tartas La Torre. Todo elo acompañado polos inmellorables viños das bodegas Vía Romana, Ribeira Sacra. Pola tarde, a partir das 19h00, o Ballet Studio desta cidade, BStudioDanza, dirixido por Dolores Mayán, representará o espectáculo “Mulier”, compartindo espazo teatral cos grupos de baile e coral da Casa de Galicia en Valladolid.

A segunda etapa desta itinerancia celebrarase a próxima fin de semana en Valencia, na Associació D'amics de la Gaita, cuia invitación foi acollida por AGAEC con grande satisfacción por esta unha entidade xove e moi activa no eido cultural e artístico.

Este proxecto ten sido presentado á Secretaría Xeral de Emigración á espera de contar coa súa inestimable colaboración.

AGAEC pretende dar continuidade e estabilidade no tempo aos seus programas , para estreitar lazos e tecer coñecementos e alianzas coas comunidades galegas no exterior, buscando a través delas contactos con artistas locais que poidan integrarse no grupo e intercambiar experiencias.

Tanto os artistas plásticos como os grupos das outras disciplinas son galegos e amosan un grande interese en mostrar as súas creacións fora da nosa comunidade.
Por outra banda o conxunto deste programa realizarase íntegramente na nosa lingua aos efectos de favorecer a súa difusión no exterior.

No hay comentarios: