"Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas" Museo do Pobo Galego 23 de setembro
O próximo 23 de setembro, no Museo do Pobo Galego, en horario de 17 a 21h, levaranse a cabo unha serie de conferencias e mesa redonda baixo o título "Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas". Os ponentes convidados por AGAEC son: Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Antón Sobral e José Manuel López Vázquez. Convidámosvos a todos a asistir.
AGAEC é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito autonómico, constituída no ano 2004, con sede en Santiago de Compostela, que agrupa preto de trinta artistas plásticos, ademais de poetas, músicos e outros colaboradores. Ten coma obxectivo prioritario, difundir e promover a arte e a cultura galegas en tódalas súas manifestacións, tanto dentro desta comunidade autónoma, coma no exterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario