Co título de A casa habitada inaugurouse o pasado mércores na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela, unha mostra que permanecerá ata o día 7 de decembro e que pretende achegar as obras do fondo artístico da Casa de Galicia en Madrid a tódala comunidade galega.
A exposición componse de máis de 40 pezas, pictóricas e escultóricas, que foron expostas na Casa de Galicia en Madrid entre os anos 2002 e 2007, de artistas galegos como Abelenda, Pedro Bueno, Luis Alcántara, Xosé Barreiro, Falcón, Felipe Criado e Xaquín Chaves, entre outros.
A casa habitada itinerará por toda Galicia, chegando ata o medio rural, e, según verbas de Alfonso S. Palomares, director da Casa de Galicia en Madrid: "...me gustaría que la muestra se expusiese en el Parque Natural del Xurés..."
Fonte: El Correo Gallego [06/11/2008]
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130&idNoticia=361638
viernes, 7 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario