jueves, 19 de noviembre de 2009

“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN” VALENCIA



invitación



cartel



“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN”
ITINERANTE

DIRIXIDO AOS CENTROS GALEGOS NO EXTERIOR
VALENCIA

Esta fin de semana, o próximo sábado, día 14, a partir das 20h.00, convidada pola directiva da Associació d'Amics de la Gaita Gallega, AGAEC presentará unha exposición colectiva de artistas plásticos pertencentes á entidade: Aurora G.Pombo, Carmen Sevillano, Estrela Rúa, Manuel Nieto, Marina Fernández “Cocós”, Pepa Mariño, e Pilar Feás que ofrecerán unha visión galaica na súa obra máis recente.

Realizaranse proxeccións, exporase documentación cedida por Turgalicia e mostra bibliográfica de obras doadas pola fundación W. Fernández Flórez, e da propia AGAEC.
A continuación terá lugar un recital poético musical teatralizado de autores galegos, a cargo do Conxunto Baldeiro, dirixido por Daniel Baamonde, coñecido director teatral compostelán.
A continuación o Ballet Studio desta cidade, BStudioDanza, dirixido por Dolores Mayán, representará o espectáculo “Mulier”. Finalizando cun cóctel de productos galegos denominación de orixe: Arzúa-Ulloa, Tetilla Galega. Todo elo acompañado polos inmellorables viños das adegas Rosalía de Castro, Rías Baixas.

Este proxecto conta co apoio inestimable da Secretaría Xeral de Emigración.

AGAEC pretende dar continuidade e estabilidade no tempo aos seus programas , para estreitar lazos e tecer coñecementos e alianzas coas comunidades galegas no exterior, buscando a través delas contactos con artistas locais que poidan integrarse no grupo e intercambiar experiencias.



Tanto os artistas plásticos como os grupos das outras disciplinas son galegos e amosan un grande interese en mostrar as súas creacións fora da nosa comunidade.
 Por outra banda o conxunto deste programa realizarase íntegramente na nosa lingua aos efectos de favorecer a súa difusión no exterior.


No hay comentarios: