jueves, 11 de septiembre de 2008

Presentación do disco "Nai" de Xoán Curiel Xoves 18 de setembro, Teatro Principal de Santiago


Xoán Curiel, cantautor que participa con AGAEC no programa Sinestesia en Sevilla, presenta o seu primeiro disco "Nai", con composicións propias en galego. Este é un traballo dedicado á figura da muller e con influencia de ritmos e sons de todo o mundo (galegos, árabes, subsaharianos, afrobrasileiros e pop).
Dita presentación levarase a cabo o xoves 18 de setembro no Teatro Principal de Santiago, ás 21 horas. O custo da entrada é de 5 euros.
Dende AGAEC ofrecémonos a reservar as entradas a aqueles que estedes interesados en ir, tendo como plazo o 15 de setembro para facer dita reserva no correo agaec2004@yahoo.es
Podedes escoitar algunhas cancións do disco nos seguintes enlaces:
http://www.xoancuriel.com/
www.myspace.com/xoancuriel

martes, 9 de septiembre de 2008

Inauguración "Caramiñeira" na Pobra do Caramiñal














Como sabedes o pasado sábado día 5 de setembro inaugurouse a mostra colectiva de membros de AGAEC chamada "Caramiñeira" na casa mariñeira da Pobra do Caramiñal. Nela estivo presente a concelleira de cultura Encarna González Montemuíño así como moitos dos artistas participantes. A exposición permanecerá aberta ata o 19 do mesmo mes.
Recollida das obras: venres 19 en horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20:30 horas.

"Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas" Museo do Pobo Galego 23 de setembro

O próximo 23 de setembro, no Museo do Pobo Galego, en horario de 17 a 21h, levaranse a cabo unha serie de conferencias e mesa redonda baixo o título "Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas". Os ponentes convidados por AGAEC son: Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Antón Sobral e José Manuel López Vázquez. Convidámosvos a todos a asistir.

viernes, 5 de septiembre de 2008

"Sinestesia" Lar Galego de Sevilla (27 setembro-19 outubro)

O próximo 27 de setembro, ás 20h00, inaugurarase no Lar Galego de Sevilla a mostra colectiva Sinestesia. Tras a inauguración o cantautor galego Xoan Curiel dará un concerto e, o domingo 28, dous poetas socios desta entidades, Pepa Nieto e Rafael Villar, serán os encargados de amenizar a tarde cun recital de poesía. A mostra colectiva poderase visitar ata o 19 de outubro.

lunes, 1 de septiembre de 2008

Visita guiada á Exposición de Joseph Beuys na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela o dia 16 de setembro

Os interesados en participar na visita en grupo guiada programada para o día 16 de setembro as 18 horas podedes apuntarvos para ata a mañá do mesmo día no correo electrónico agaec2004@yahoo.es

martes, 26 de agosto de 2008

Exposición colectiva "Caramiñeira" na Pobra do Caramiñal (5-19 de setembro)






A Casa mariñeira da Pobra acollerá unha exposición colectiva de 36 obras de pintura, escultura e tapiz, en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC) con sede en Santiago de Compostela.
A inauguración da mostra será o próximo día 5 de setembro as 20h e rematará o día 19 do mesmo mes.
O título desta mostra, ven da asociación que tradicionalmente se fai do nome de Caramiñal cunha planta arbustiva espiñosa chamada “Caramiña” ou “Caramiñeira”, nome vulgar da “Corema Album”, no pasado moi común nesa zona da costa.
Artistas que participarán:
Mª Carmen Calviño, Carita Dubrovin, Marina Fernández, Marisa Fraga, Aurora G.Pombo, Sara Garrote “Chuca”, Laiño, Fran Lareo, Teresa López Ameijeiras, Pepa Mariño, Julio Mirás, Manuel Nieto, Vicente Ruiz, Carmen Sevillano, Mª del Carmen Torres Maroño e Javier Torrón.
AGAEC é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como finalidade difundir e promover a arte e a cultura, especialmente a galega, en todas as súas manifestacións. Está formada por corenta e cinco artistas plásticos e poetas que traballan cunha intención principalmente didáctica e participativa, tratando de abrir novos canles de intercambio con outras comunidades e países.

lunes, 28 de julio de 2008






Aquí tendes unhas fotos da colaboración de AGAEC nas actividades da Primeira festa cidadá que se celebrou na Praza Roxa compostelana o pasado 5 de xullo en colaboración coa Asociación RAIGAME, co Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche e con Santiago Centro-Área comercial. Nestas actividades que consistiron en talleres para nenos e nenas, colaboraron Aurora Pombo, Mercedes García, Julio Mirás, Patricia Núñez e duas rapazas en prácticas da USC: Anabel del Río e Rosario Vicente.

jueves, 24 de julio de 2008

"II Jornadas Culturais, Pintores em Vilas Boas - Prémio de Pintura ao Ar Livre"

















Celebrouse en Vilas boas (Vidago) (Portugal), o pasado 20 de xullo, a segunda edición das xornadas culturais. Participaron cincuenta pintores,entre eles sete socios de AGAEC.
O primeiro premio gañouno un socio de AGAEC, Alfredo Seixas, o cal podedes ver nas fotos.
Tedes un vídeo moi interesante sobre as xornadas en http://www.altotamegatv.com/

martes, 8 de julio de 2008

Exposicion de AGAEC na Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal (5-30 de setembro)




Todos aqueles socios que vos apuntástedes á exposición que terá lugar de 5 ao 30 de setembro na casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal, tedes de prazo ata o 10 de agosto para enviar as 2 obras que vaiades a expor, á dirección, agaec2004@yahoo.es. Ademáis deberedes adxuntar as fichas técnicas destas, e o seu correspondente prezo.

O título desta mostra, "Caramiñeira", ven da asociación que tradicionalmente se fai do nome de Caramiñal cunha planta arbustiva espinosa chamada "caramiña" ou "caramiñeira", nome vulgar da "Corema Album", no pasado moi común nesa zona da costa.

martes, 1 de julio de 2008

Obradoiros de creatividade na Primeira Festa Cidadá. 5 de Xullo Santiago de Compostela.

O vindeiro sábado, 5 de xullo, na Praza Roxa de Santiago, levarase a cabo a celebración da Primeira Festa Cidadá. Dende as 11 da mañá e ao longo de toda a xornada, poderase desfrutar de diferentes actividades, musica, pasarruas, astronomía, xadrez...
Entre as 12 e 14 horas, AGAEC impartirá obradoiros de creatividade para nenos/as na carpa que estará na praza.
Esperámosvos!