viernes, 7 de noviembre de 2008

Nostalxia do pasado

Sabela Castro Añón convídavos a súa última exposición que se está celebrando e permanecerá na Galería Sargadelos de A Estrada hasta o día 30 deste mes, co título "Nostalxia do pasado"

"Tras varios anos de estudo e unha investigación personal exhaustiva sobre los comezos da fotografía, xurdiu tralos meus pasos entre Galicia e Portugal, esta serie de imáxes segundo moitos, de aspecto pictorialista, que me permiten mostrar un mundo, que por mor do paso do tempo e o crecemento urbanístico, vai pasando a formar parte do esquecemento ao igual que pasou xa para a maioría da xente o modo en que se tomaron as primeiras imaxes fotográficas que nos permitiron adquirir a cultura visual que existe hoxe en día, e non tardarán moito en desaparecer por completo" Sabela Castro.

lunes, 13 de octubre de 2008

Participación de AGAEC na Campaña de Outono con actividades infantís na Praza Roxa

O pasado sábado, día 11 de outubro, a Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec) participou na xornada "Aprender Xogando" organizada pola Fundación Santiago Centro, dentro dun programa de dinamización do Ensanche, que tenta recuperar e anumar a rúas do centro de Santiago para vecños e visitantes.

Inauguración do programa Sinestesia no Lar Galego de Sevilla 27 e 28 de setembro

Reseña no Ideal Galego (5/10/2008)
Presentación do Programa ca Presidenta do Lar Galego de Sevilla.

Público asistente á mostra.

Concerto de Xoán Curiel, sábado 27 de setembro.

Ensaio do recital poético (Pepa Nieto, Rafael Villar, e á guitarra, Xoan Curiel), 28 de setembro.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Visita guiada á Exposición de Joseph Beuys

Aquí tendes a foto de grupo da visita guiada de onte á exposición "Múltiples" de Joseph Beuys, na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela.

jueves, 11 de septiembre de 2008

Presentación do disco "Nai" de Xoán Curiel Xoves 18 de setembro, Teatro Principal de Santiago


Xoán Curiel, cantautor que participa con AGAEC no programa Sinestesia en Sevilla, presenta o seu primeiro disco "Nai", con composicións propias en galego. Este é un traballo dedicado á figura da muller e con influencia de ritmos e sons de todo o mundo (galegos, árabes, subsaharianos, afrobrasileiros e pop).
Dita presentación levarase a cabo o xoves 18 de setembro no Teatro Principal de Santiago, ás 21 horas. O custo da entrada é de 5 euros.
Dende AGAEC ofrecémonos a reservar as entradas a aqueles que estedes interesados en ir, tendo como plazo o 15 de setembro para facer dita reserva no correo agaec2004@yahoo.es
Podedes escoitar algunhas cancións do disco nos seguintes enlaces:
http://www.xoancuriel.com/
www.myspace.com/xoancuriel

martes, 9 de septiembre de 2008

Inauguración "Caramiñeira" na Pobra do Caramiñal














Como sabedes o pasado sábado día 5 de setembro inaugurouse a mostra colectiva de membros de AGAEC chamada "Caramiñeira" na casa mariñeira da Pobra do Caramiñal. Nela estivo presente a concelleira de cultura Encarna González Montemuíño así como moitos dos artistas participantes. A exposición permanecerá aberta ata o 19 do mesmo mes.
Recollida das obras: venres 19 en horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20:30 horas.

"Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas" Museo do Pobo Galego 23 de setembro

O próximo 23 de setembro, no Museo do Pobo Galego, en horario de 17 a 21h, levaranse a cabo unha serie de conferencias e mesa redonda baixo o título "Arte e Compromiso: Castelao e as artes plásticas". Os ponentes convidados por AGAEC son: Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Antón Sobral e José Manuel López Vázquez. Convidámosvos a todos a asistir.

viernes, 5 de septiembre de 2008

"Sinestesia" Lar Galego de Sevilla (27 setembro-19 outubro)

O próximo 27 de setembro, ás 20h00, inaugurarase no Lar Galego de Sevilla a mostra colectiva Sinestesia. Tras a inauguración o cantautor galego Xoan Curiel dará un concerto e, o domingo 28, dous poetas socios desta entidades, Pepa Nieto e Rafael Villar, serán os encargados de amenizar a tarde cun recital de poesía. A mostra colectiva poderase visitar ata o 19 de outubro.

lunes, 1 de septiembre de 2008

Visita guiada á Exposición de Joseph Beuys na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela o dia 16 de setembro

Os interesados en participar na visita en grupo guiada programada para o día 16 de setembro as 18 horas podedes apuntarvos para ata a mañá do mesmo día no correo electrónico agaec2004@yahoo.es