![]() |
II certame de contos concello de ames |
Cartel da presentación e entrega de contos do 2º certame:

Este próximo día 9 de Outubro celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Milladoiro, en horario de 18:30 a 20:30 a esperada presentación e entrega de contos publicados por AGAEC para este certame escolar.
Este proxecto que realiza AGAEC en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai pola súa segunda edición, na que gozamos dunha numerosa representación de nenos e nenas, rebosantes de inquietudes e de nobres pensamentos e anhelos, nunha emocionante expresión que detallamos a continuación, os pequenos seres presentan uns inspirados contos con suxerentes títulos :
Adrián Castro e Iván Ramos crearon en conxunto "O cabalo que se deitaba nas rosas", Alba Pazos e Jessica Nieto "O gato que foi salvado por un golfiño", Alba Viaño e Andrea Carro "A bolboreta e a mosa encontráronse", Álvaro e Adrián Q. "Fútbol con balón", Antía Vila Ríos "A princesa feliz", Beatriz Carracedo e Iván Martínez "O touro e o can amigos serán", Belén Vero "O meu cabalo chamase flor", Jeison, David e Jorge “O gato feliz", Jill Tomlinson "El búho que tenía miedo de la oscuridad", José Antonio e David "O can luchador", Martín Currais e Iván Lameiro "No circo regalan botas", Mijal Snunit "El pájaro del alma", Nerea Turnes Torres "A princesita Erica", Noelia, Irene e Maite “A primeira cita do gato e do can no parque a solitario", Raquel Baliñas e Josua Berdullas "Tres irmáns guepardos ¿cal será o máis guapo?”
Estas interesantes narracións veranse enriquecidas coa interpretación que fará, o profesor e director de Teatro Daniel Baamonde, colaborador habitual de medios de comunicación, prensa escrita e radiodifusión (Punto Radio – Radio Líder, Santiago), de ampla formación en teatro, cursos para nenos, persoas con deficiencias ou con algunha dificultade social ou física, Autismo, Alzheimer etc; Daniel Baamonde soe participar no Certame de Teatro Intercentros de Santiago, o que gañou en varias ocasións, recibiu todo tipo de formación dramática en talleres da USC, na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD)..., tamén recibiu formación en luminotecnia e produción teatral. Ten, por outra parte ampla experiencia co trato dos máis pequenos polos seus traballos coma monitor de ocio e tempo libre.
Os pequenos participantes serán obsequiados con agasallos de AGAEC e haberá tamén un convite degustación de pastas e refrescos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario