jueves, 22 de octubre de 2009

'IN FRAGANTIS NA FRAGA' programa interdisciplinar na FWFF



Invitación para o acto




Cartel


IN FRAGANTIS NA FRAGA


Baixo este título se celebrará o sábado 24 de outubro un programa interdisciplinar aberto e participativo que promove a Asociación Galega de Arte e Cultura, AGAEC, en colaboración e participación da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Dentro das actividades programadas destacan a sesión de pintura ó natural, aberta á participación de público de tódalas idades, na que os participantes se dispersarán pola fraga e o espazo da fundación, sesión que estará acompañada da inauguración dunha mostra colectiva dos artistas plásticos do colectivo de AGAEC: Carmen Sevillano, Esther Molinero, Isabel González, Marina Cocós, Paco Ramos, Pepa Mariño e Jesús Pereira 'Suly. Tamén desfrutaremos dun xantar literario, unha cea-debate a carón da lareira e da filmación dun corto a cargo de Catalina Candocia, que recollerá os acontecementos.


O acto abarcará todo o día do sábado comezando sobre as doce do mediodía no que se amosará o espazo onde os artistas e os participantes poderán moverse, pintar e desfrutar do acolledor espazo da Villa Florentina, a residencia de verán do escritor o que se adica esta fundación. As 15.00 horas terá lugar un apetecible xantar literario a base de churrasco e postre tradicional de queixo con membrillo aderezado con viño tinto, augas e augardente de herbas ou mesmo queimada con conxuro. A tardiña deleitaránnos cunha lectura poética con acompañamento musical a cargo do director de teatro Daniel Baamonde que estará acompañado polo músico Diego Gabriel. Posteriormente café, castañas e empanada para deleite de tódolos sentidos.

Outra actividade destacada é unha mesa redonda o redor das 18.30 na que intervirán Antonio Montero, Camilo Caamaño Xestido, Eurico Borges moderados por José Fernando San Martín Viscasillas.




No hay comentarios: