
jueves, 25 de febrero de 2010
miércoles, 16 de diciembre de 2009
'INTEGRARTE' exposición colectiva e taller de pintura en Mapfre
"ARRITMIAS" exposición colectiva en Tomiño

AGAEC é unha entidade que, sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico, foi creada no ano 2005. Ten como obxectivo difundir e promover a arte da cultura galega en todas as súas manifestacións, tanto dentro como fóra da nosa comunidade.
Os artistas que participan nesta exposición veñen de diversos lugares da xeografía galega e do resto de país, polo que a interculturalidade está garantida nesta mostra de pintura e escultura. Os artistas que fan posible este evento son: Antonio Abad (Vigo), Carmen Sevillano (Vigo), Carmen Torres (Santiago de Compostela), Esther Molinero (Cidade Real), Marina Cocós (Pontevedra), Paco Ramos (Granada), Pepa Mariño (Pontevedra) e Jesús Pereira (Cádiz).
No tocante á temática da exposición é de moi variada índole. A gran variedade de artistas fan posible a manifestación de diferentes temáticas e estilos, dende a homenaxe á luz e á paisaxe galega, á figura humana, ao surrealismo ata o impresionismo, a través de técnicas coma o pastel ou o óleo principalmente.
A exposición estará aberta dende o sábado 19 de decembro ata o 11 de xaneiro no multiusos de Goián de luns a venres de 9h ás 13h.
Segundo Castiñeira, esta é unha boa oportunidade para as persoas que valoran a arte, así como para os artistas do municipio, de coñecer o labor da asociación AGAEC, intercambiar experiencias e impresións e mais para admirar nun só evento unha gran variedade de temáticas e estilos artísticos.
Fonte: http://www.concellotomino.com/cultura.aspx
martes, 15 de diciembre de 2009
"ITINERIS" O grupo HIDRA-AGAEC leva a Ferrara unha exposición colectiva
O grupo Hidra-Agaec, parte o 19 de novembro cara a Italia levando á Galería de Arte Moderna 'Alba' de Ferrara unha exposición colectiva, baixo o título "ITINERIS", alí mostrarase a obra de Isabel González, Manuel Nieto, Esther Molinero, Jesús Pereira 'Suly' e Pepa Mariño.
Os artistas desprazan a Italia vinte obras de recente creación nas que fan referencia ó camiño de Santiago; continuando así a temática que se desenrolou na recente conferencia organizada por AGAEC, "Arte e arquitectura no camiño" impartida por Juan Manuel Monterroso Montero.
O catálogo realizado para esta mostra leva textos alusivos á relevancia e influencia do camiño de santiago na arte, e está ilustrado coas verbas de Antonio Montero Carro e extendéndose á interculturalidade que nace co camiño inclúe textos de Xoan Pastor Rodríguez Santamaría.
jueves, 19 de noviembre de 2009
“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN” VALENCIA

cartel
“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN”
ITINERANTE
DIRIXIDO AOS CENTROS GALEGOS NO EXTERIOR
VALENCIA
Realizaranse proxeccións, exporase documentación cedida por Turgalicia e mostra bibliográfica de obras doadas pola fundación W. Fernández Flórez, e da propia AGAEC. A continuación terá lugar un recital poético musical teatralizado de autores galegos, a cargo do Conxunto Baldeiro, dirixido por Daniel Baamonde, coñecido director teatral compostelán.
A continuación o Ballet Studio desta cidade, BStudioDanza, dirixido por Dolores Mayán, representará o espectáculo “Mulier”. Finalizando cun cóctel de productos galegos denominación de orixe: Arzúa-Ulloa, Tetilla Galega. Todo elo acompañado polos inmellorables viños das adegas Rosalía de Castro, Rías Baixas.
Este proxecto conta co apoio inestimable da Secretaría Xeral de Emigración.
AGAEC pretende dar continuidade e estabilidade no tempo aos seus programas , para estreitar lazos e tecer coñecementos e alianzas coas comunidades galegas no exterior, buscando a través delas contactos con artistas locais que poidan integrarse no grupo e intercambiar experiencias.
Tanto os artistas plásticos como os grupos das outras disciplinas son galegos e amosan un grande interese en mostrar as súas creacións fora da nosa comunidade. Por outra banda o conxunto deste programa realizarase íntegramente na nosa lingua aos efectos de favorecer a súa difusión no exterior.
“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN” VALLADOLID

“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN”
ITINERANTE
DIRIXIDO AOS CENTROS GALEGOS NO EXTERIOR
VALLADOLID
Esta fin de semana, o próximo sábado, día 7, a partir das 12h30, convidada pola directiva da Casa de Galicia en Valladolid, AGAEC presentará, dentro da semana de Galicia na cidade, unha exposición colectiva de artistas plásticos pertencentes á entidade: Aurora González, Carmen Sevillano, Esther Molinero, Estrela Rúa, Manuel Nieto, Marina Fernández “Cocós”, Paco Ramos, Pepa Mariño, Pilar Feás e Jesús Pereira “Suly”, que ofrecerán unha visión galaica na súa obra máis recente.
Realizaránse proxeccións e documentación cedidas por Turgalicia e mostra bibliográfica de obras doadas pola fundación W. Fernández Flórez, e da propia AGAEC. A continuación terá lugar un recital poético musical teatralizado de autores galegos, a cargo do Conxunto Baldeiro, dirixido por Daniel Baamonde, coñecido director teatral compostelán. Finalizando un cóctel con productos Galegos denominación de orixe: Arzúa-Ulloa, Tetilla Galega, Tartas La Torre. Todo elo acompañado polos inmellorables viños das bodegas Vía Romana, Ribeira Sacra. Pola tarde, a partir das 19h00, o Ballet Studio desta cidade, BStudioDanza, dirixido por Dolores Mayán, representará o espectáculo “Mulier”, compartindo espazo teatral cos grupos de baile e coral da Casa de Galicia en Valladolid.
A segunda etapa desta itinerancia celebrarase a próxima fin de semana en Valencia, na Associació D'amics de la Gaita, cuia invitación foi acollida por AGAEC con grande satisfacción por esta unha entidade xove e moi activa no eido cultural e artístico.
Este proxecto ten sido presentado á Secretaría Xeral de Emigración á espera de contar coa súa inestimable colaboración.
AGAEC pretende dar continuidade e estabilidade no tempo aos seus programas , para estreitar lazos e tecer coñecementos e alianzas coas comunidades galegas no exterior, buscando a través delas contactos con artistas locais que poidan integrarse no grupo e intercambiar experiencias.
Tanto os artistas plásticos como os grupos das outras disciplinas son galegos e amosan un grande interese en mostrar as súas creacións fora da nosa comunidade.
Por outra banda o conxunto deste programa realizarase íntegramente na nosa lingua aos efectos de favorecer a súa difusión no exterior.
lunes, 26 de octubre de 2009
ARTE E ARQUITECTURA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

CONFERENCIA “ARTE E ARQUITECTURA NO CAMIÑO DE SANTIAGO”
O próximo martes, día 27, ás 20h00, o Decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Manuel Monterroso Montero, impartirá unha conferencia na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, situada na rúa do Vilar número 7, sobre “Arte e arquitectura no camiño”.
Esta nova colaboración do profesor Monterroso coa Asociación Galega de Arte e cultura, AGAEC, inscribese dentro do II Ciclo de conferencias, titulado "Xestación e Xestión da Arte”, que iniciou esta entidade no ano 2007, coa colaboración das Direccións Xerais de Promoción cultural e Política lingüística e das Facultades de Historia e Filosofía da USC, coa finalidade de abrir un debate sobre os distintos aspectos relacionados coa xestación e a xestión da arte.
AGAEC ten como obxectivo convidar, ao longo destes ciclos, a distintos expertos na materia para dar continuidade no tempo a un debate aberto á sociedade sobre cultura e arte nos diferentes aspectos.
Na primeira parte deste ciclo que inaugurou, no seu día, o profesor Monterroso na facultade de Filosofía da USC, participaron destacados persoeiros da arte e a cultura, entre eles Alfonso Costa, Xoti de Luis, X. Martiño, José F. San Martín Viscasillas, Alfredo Seixas, Eurico Borges e un longo etcétera. xunto con xerentes de museos, fundacións e institucións, como Antonio Montero, Montse Cea, Pati Blanco, e representantes de galerías : Petronio, SCQ, José Lorenzo... así como membros das asociacións: Tamagani de Chaves, Plus artis de Vigo e da propia AGAEC.
A conferencia será presentada por Esther Ferrer.
jueves, 22 de octubre de 2009
'IN FRAGANTIS NA FRAGA' programa interdisciplinar na FWFF
Baixo este título se celebrará o sábado 24 de outubro un programa interdisciplinar aberto e participativo que promove a Asociación Galega de Arte e Cultura, AGAEC, en colaboración e participación da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Dentro das actividades programadas destacan a sesión de pintura ó natural, aberta á participación de público de tódalas idades, na que os participantes se dispersarán pola fraga e o espazo da fundación, sesión que estará acompañada da inauguración dunha mostra colectiva dos artistas plásticos do colectivo de AGAEC: Carmen Sevillano, Esther Molinero, Isabel González, Marina Cocós, Paco Ramos, Pepa Mariño e Jesús Pereira 'Suly. Tamén desfrutaremos dun xantar literario, unha cea-debate a carón da lareira e da filmación dun corto a cargo de Catalina Candocia, que recollerá os acontecementos.
O acto abarcará todo o día do sábado comezando sobre as doce do mediodía no que se amosará o espazo onde os artistas e os participantes poderán moverse, pintar e desfrutar do acolledor espazo da Villa Florentina, a residencia de verán do escritor o que se adica esta fundación. As 15.00 horas terá lugar un apetecible xantar literario a base de churrasco e postre tradicional de queixo con membrillo aderezado con viño tinto, augas e augardente de herbas ou mesmo queimada con conxuro. A tardiña deleitaránnos cunha lectura poética con acompañamento musical a cargo do director de teatro Daniel Baamonde que estará acompañado polo músico Diego Gabriel. Posteriormente café, castañas e empanada para deleite de tódolos sentidos.
Outra actividade destacada é unha mesa redonda o redor das 18.30 na que intervirán Antonio Montero, Camilo Caamaño Xestido, Eurico Borges moderados por José Fernando San Martín Viscasillas.
jueves, 8 de octubre de 2009
II CERTAME DE CONTO ILUSTRADO. Concello de Ames
![]() |
II certame de contos concello de ames |

Este próximo día 9 de Outubro celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Milladoiro, en horario de 18:30 a 20:30 a esperada presentación e entrega de contos publicados por AGAEC para este certame escolar.
Este proxecto que realiza AGAEC en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai pola súa segunda edición, na que gozamos dunha numerosa representación de nenos e nenas, rebosantes de inquietudes e de nobres pensamentos e anhelos, nunha emocionante expresión que detallamos a continuación, os pequenos seres presentan uns inspirados contos con suxerentes títulos :
Adrián Castro e Iván Ramos crearon en conxunto "O cabalo que se deitaba nas rosas", Alba Pazos e Jessica Nieto "O gato que foi salvado por un golfiño", Alba Viaño e Andrea Carro "A bolboreta e a mosa encontráronse", Álvaro e Adrián Q. "Fútbol con balón", Antía Vila Ríos "A princesa feliz", Beatriz Carracedo e Iván Martínez "O touro e o can amigos serán", Belén Vero "O meu cabalo chamase flor", Jeison, David e Jorge “O gato feliz", Jill Tomlinson "El búho que tenía miedo de la oscuridad", José Antonio e David "O can luchador", Martín Currais e Iván Lameiro "No circo regalan botas", Mijal Snunit "El pájaro del alma", Nerea Turnes Torres "A princesita Erica", Noelia, Irene e Maite “A primeira cita do gato e do can no parque a solitario", Raquel Baliñas e Josua Berdullas "Tres irmáns guepardos ¿cal será o máis guapo?”
Estas interesantes narracións veranse enriquecidas coa interpretación que fará, o profesor e director de Teatro Daniel Baamonde, colaborador habitual de medios de comunicación, prensa escrita e radiodifusión (Punto Radio – Radio Líder, Santiago), de ampla formación en teatro, cursos para nenos, persoas con deficiencias ou con algunha dificultade social ou física, Autismo, Alzheimer etc; Daniel Baamonde soe participar no Certame de Teatro Intercentros de Santiago, o que gañou en varias ocasións, recibiu todo tipo de formación dramática en talleres da USC, na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD)..., tamén recibiu formación en luminotecnia e produción teatral. Ten, por outra parte ampla experiencia co trato dos máis pequenos polos seus traballos coma monitor de ocio e tempo libre.
Os pequenos participantes serán obsequiados con agasallos de AGAEC e haberá tamén un convite degustación de pastas e refrescos.