
Inauguración 18 decembro, ás 18h.00 comezará o taller de pintura cos residentes.
PILAR FEÁS
ISABEL GONZÁLEZ
FRAN LAREO
PEPA MARIÑO
ESTHER MOLINERO
BEATRIZ NUÑEZ
JESÚS PEREIRA 'SULY'
PACO RAMOS
ESTRELA RÚA
CARMEN SEVILLANO
“TRAS AS PEGADAS CULTURAIS DA EMIGRACIÓN”
ITINERANTE
DIRIXIDO AOS CENTROS GALEGOS NO EXTERIOR
VALLADOLID
Esta fin de semana, o próximo sábado, día 7, a partir das 12h30, convidada pola directiva da Casa de Galicia en Valladolid, AGAEC presentará, dentro da semana de Galicia na cidade, unha exposición colectiva de artistas plásticos pertencentes á entidade: Aurora González, Carmen Sevillano, Esther Molinero, Estrela Rúa, Manuel Nieto, Marina Fernández “Cocós”, Paco Ramos, Pepa Mariño, Pilar Feás e Jesús Pereira “Suly”, que ofrecerán unha visión galaica na súa obra máis recente.
Realizaránse proxeccións e documentación cedidas por Turgalicia e mostra bibliográfica de obras doadas pola fundación W. Fernández Flórez, e da propia AGAEC. A continuación terá lugar un recital poético musical teatralizado de autores galegos, a cargo do Conxunto Baldeiro, dirixido por Daniel Baamonde, coñecido director teatral compostelán. Finalizando un cóctel con productos Galegos denominación de orixe: Arzúa-Ulloa, Tetilla Galega, Tartas La Torre. Todo elo acompañado polos inmellorables viños das bodegas Vía Romana, Ribeira Sacra. Pola tarde, a partir das 19h00, o Ballet Studio desta cidade, BStudioDanza, dirixido por Dolores Mayán, representará o espectáculo “Mulier”, compartindo espazo teatral cos grupos de baile e coral da Casa de Galicia en Valladolid.
A segunda etapa desta itinerancia celebrarase a próxima fin de semana en Valencia, na Associació D'amics de la Gaita, cuia invitación foi acollida por AGAEC con grande satisfacción por esta unha entidade xove e moi activa no eido cultural e artístico.
Este proxecto ten sido presentado á Secretaría Xeral de Emigración á espera de contar coa súa inestimable colaboración.
AGAEC pretende dar continuidade e estabilidade no tempo aos seus programas , para estreitar lazos e tecer coñecementos e alianzas coas comunidades galegas no exterior, buscando a través delas contactos con artistas locais que poidan integrarse no grupo e intercambiar experiencias.
Tanto os artistas plásticos como os grupos das outras disciplinas son galegos e amosan un grande interese en mostrar as súas creacións fora da nosa comunidade.
Por outra banda o conxunto deste programa realizarase íntegramente na nosa lingua aos efectos de favorecer a súa difusión no exterior.
CONFERENCIA “ARTE E ARQUITECTURA NO CAMIÑO DE SANTIAGO”
O próximo martes, día 27, ás 20h00, o Decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Manuel Monterroso Montero, impartirá unha conferencia na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, situada na rúa do Vilar número 7, sobre “Arte e arquitectura no camiño”.
Esta nova colaboración do profesor Monterroso coa Asociación Galega de Arte e cultura, AGAEC, inscribese dentro do II Ciclo de conferencias, titulado "Xestación e Xestión da Arte”, que iniciou esta entidade no ano 2007, coa colaboración das Direccións Xerais de Promoción cultural e Política lingüística e das Facultades de Historia e Filosofía da USC, coa finalidade de abrir un debate sobre os distintos aspectos relacionados coa xestación e a xestión da arte.
AGAEC ten como obxectivo convidar, ao longo destes ciclos, a distintos expertos na materia para dar continuidade no tempo a un debate aberto á sociedade sobre cultura e arte nos diferentes aspectos.
Na primeira parte deste ciclo que inaugurou, no seu día, o profesor Monterroso na facultade de Filosofía da USC, participaron destacados persoeiros da arte e a cultura, entre eles Alfonso Costa, Xoti de Luis, X. Martiño, José F. San Martín Viscasillas, Alfredo Seixas, Eurico Borges e un longo etcétera. xunto con xerentes de museos, fundacións e institucións, como Antonio Montero, Montse Cea, Pati Blanco, e representantes de galerías : Petronio, SCQ, José Lorenzo... así como membros das asociacións: Tamagani de Chaves, Plus artis de Vigo e da propia AGAEC.
A conferencia será presentada por Esther Ferrer.
Baixo este título se celebrará o sábado 24 de outubro un programa interdisciplinar aberto e participativo que promove a Asociación Galega de Arte e Cultura, AGAEC, en colaboración e participación da Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Dentro das actividades programadas destacan a sesión de pintura ó natural, aberta á participación de público de tódalas idades, na que os participantes se dispersarán pola fraga e o espazo da fundación, sesión que estará acompañada da inauguración dunha mostra colectiva dos artistas plásticos do colectivo de AGAEC: Carmen Sevillano, Esther Molinero, Isabel González, Marina Cocós, Paco Ramos, Pepa Mariño e Jesús Pereira 'Suly. Tamén desfrutaremos dun xantar literario, unha cea-debate a carón da lareira e da filmación dun corto a cargo de Catalina Candocia, que recollerá os acontecementos.
O acto abarcará todo o día do sábado comezando sobre as doce do mediodía no que se amosará o espazo onde os artistas e os participantes poderán moverse, pintar e desfrutar do acolledor espazo da Villa Florentina, a residencia de verán do escritor o que se adica esta fundación. As 15.00 horas terá lugar un apetecible xantar literario a base de churrasco e postre tradicional de queixo con membrillo aderezado con viño tinto, augas e augardente de herbas ou mesmo queimada con conxuro. A tardiña deleitaránnos cunha lectura poética con acompañamento musical a cargo do director de teatro Daniel Baamonde que estará acompañado polo músico Diego Gabriel. Posteriormente café, castañas e empanada para deleite de tódolos sentidos.
Outra actividade destacada é unha mesa redonda o redor das 18.30 na que intervirán Antonio Montero, Camilo Caamaño Xestido, Eurico Borges moderados por José Fernando San Martín Viscasillas.
![]() |
II certame de contos concello de ames |
Alfredo Brañas, nº 18 baixo, local 23 (Galerías A Lúa)
15701 Santiago de Compostela